Os peteiros das aves

15 Decembro 2012
tucán

O peteiro é unha estrutura córnea que cubre as mandíbulas das aves e dalgúns  animais para procesar os alimentos, que tragan enteiros.

A forma, tamaño e consistencia varía segundo a dieta e o hábitat. Hai peteiros para cravar, cortar, rachar, partir, escaravellar, furar, filtrar...  aínda que os machos tamén o utilizan para atraer ás femias.

O peteiro das aves está formado polos maxilares inferior e superior e recuberto por um estoxo córneo chamado ranfoteca.