Os ouriños, o combustible do futuro?

12 Xaneiro 2013
urina

O ser humano produce entre 2 e 3 litros de ouriños ao día.  Un desfeito que se desperdicia e debe ser tratado para non crear problemas ambientais.  

Sen embargo uns investigadores de Ohio descubriron unha maneira de utilizar estes residuos para orixinar combustible.

Os investigadores conseguiron separar a partir dos ouriños o hidróxeno presente no amoníaco e na urea; xa que o hidróxeno se pode utilizar como combustible nos automóbiles.

Por agora, producir e almacenar este gas era un proceso moi custoso, a forma máis común era mediante electrólise da agua, que é a fonte máis abundante de hidróxeno, pero este método ten bastantes desvantaxes: fai falla moita enerxía e ademais a auga ten que ser extremadamente pura. Pero grazas a este descubrimento  obter hidróxeno é moito máis barato, eficiente, e lógrase a partir de desfeitos orgánicos . Por outra banda permite purificar a auga polo que se aplicaría en plantas de tratamento de augas e granxas onde as grandes cantidades de urea e amoníaco producen un gran problema ambiental.

Segundo  a profesora Geraldine Botte a urina dos 22 mil estudantes desa Universidade de Ohio podería producir enerxía para unhas 50 a 70 casas. Ademais segundo os cálculos desta profesora, un vehículo cunha celda de hidróxeno podería percorrer ata 40 kilómetros cun litro de ouriños .

Pero non todo esta resolto para lanzar os vehículos con hidróxeno, xa que hai varios problemas que hai que solucionar antes, como a falta de infrastucturas para a recarga de combustible dos tanques de hidróxeno, ou as dificultades na fabricación das células de hidróxeno porque fai falla platino, un metal máis caro que o ouro.

Pero investigadores do Laboratorio Nacional dos Álamos, en EEUU, xa están buscando solucións para estes problemas, polo que se pode dicir que esta tecnoloxía do futuro atópase cada vez máis preto.