Os muíños de Meis

Como funciona un muíño hidráulico
22 Novembro 2013
muíño rego Armenteira

O venres 15 de novembro fixemos unha saída para coñecer un tramo do Rego da Armenteira, un afluente do río Umia, e vimos como funcionaban os muíños.

A auga vai conducida desde o estanque por unha canle que remata nunha rampa con moita pendiente. Esa auga a presión fai mover unha roda (o rodicio) que está conectada mediante un pau longo (o eixo) a unha pedra cilíndrica (a moa) que xira sobre outra fixa. O millo cae da moega ao interior da moa e o picón ou fariña sae polas beiras. Logo recóllese cunha escoba para facer pan ou alimentar aos animais.