Os mellores estudantes galegos

2 Maio 2015
estudantes

Un estudo realizado por dúas universidades galegas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de A Coruña, no que estudaron os resultados dos alumnos máis brillantes da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) na proba de premio extraordinario.

O que sorprende é que hai moitas máis mulleres (65%) que homes (37%) con unha media de sobresaínte nesta etapa educativa, sen embargo, no exame destacan os rapaces.

“Para presentarse ao premio hai que ter unha media de sobresaínte. Gañar o premio é moi complicado, xa que só outorgan 20 por ano, o que supón o 5,2% do total dos alumnos que se presentan. Chama a atención que o resultado en xeral non é bo, mesmo de media suspenden en varias materias. En Matemáticas obteñen a peor puntuación seguida de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e as optativas de Física e Química, e Bioloxía e Xeoloxía”, asegura Sinc Francisco Jesús Ferreiro, da USC, e coautor dá investigación. En cambio, si aproban as linguas -castelá e galega-, e en inglés obteñen os mellores resultados de media. Observando os resultados de todas estas materias, os rapaces sacaron mellor nota media que as rapazas, e dicir que existe unha probabilidade estatística dun 95% de que a nota media dos deles sexa mellor que a nota media delas.

estudos

Se durante os cursos hai máis rapazas sobresaíntes, como é posible que no premio extraordinario sexa ao revés?

Queremos facer fincapé que calquera estudo debe ser tratado con prudencia. En primeiro lugar, porque a nosa mostra ten unhas características especiais que non son extrapolables a toda a poboación de Educación Secundaria, xa que son probas feitas só en Galicia e para un colectivo de alumnado sobresaínte; e en segundo lugar, porque non se atoparon estudos nacionais nin internacionais que analicen os resultados deste tipo de alumnado que nos permitan comparar os resultados", conclúen.