Os maios

7 Xuño 2011
maios

Desde a antigüidade en toda Europa celébranse as festas maiais o primeiro domingo do mes para conmemorar a chegada da primavera.

As orixes das festas de maio veñen do tempo dos antigos fenicios e gregos. Os  celtas celebraban o Baltane, coíncidindo co tempo en que se comezaba a levar o gando aos pastos de verán de montaña. Os romanos celebraban a chegada das primeiras flores e os cristiáns adicáronlle o mes á Virxe María.

Nos nosos tempos séguese a celebrar a festa dos maios en moitos países de Europa.

En Galicia hai varias tradicións relacionadas cos maios. En moitos lugares (Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense...) fanse os maios, monumentos vexetais de forma cónica ou con motivos figurativos adornados con flores, ovos, fitas... e cántanse coplas. Tamén se visten os rapaces de “maios” con ponlas e flores para ir polas casas a pedir agasallos.

En Cambados é costume coller ramos de “maio” ou xesta pola tardiña e poñelos nas portas das casas, nos coches, nas motos, nas bicicletas, nos barcos... para dar sorte e espantar ás meigas.

 

Aí ven o maio

de frores cuberto...

Puxéronse á porta

cantándome os nenos;

e os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

                     Curros Enríquez.