Os hidroxeles contra o cancro

14 Abril 2015
estruturas polimericas

estruturas poliméricas

Os hidroxeles son estruturas polimericas , de alto contido en auga, consistencia branda e elástica, cunha gran capacidade de absorción e que non se disolven en ningún liquido.As súas aplicacións son moi diversas, desde xardinería ata indicacións medicas como o tratamento de feridas ou a liberación de fármacos; de feito estes polímeros son considerados desde hai algúns anos unha das mellores vías de liberación de fármacos no corpo, posúen moi boas características de biocompatibilidade e unhas propiedades físicas que as fan semellantes aos tecidos vivos.

Por iso non é estraño que Enxeñeiros químicos da Universidade de Guadalaxara (UdeG) , desenvolveron unha nova tecnoloxía a base de nanopartículas termosensibles (nanohidroxeles) que actúa como alternativa para lograr a liberación controlada de fármacos contra o cancro.

A  principal característica que posúen é a de transportar os medicamentos a través do torrente sanguíneo sen que o sistema o detecte ou ataque. A idea é que o medicamento, ó estar dentro dos nanohidroxeles se transporte directamente ás células canceríxenas e que alí se libere o fármaco, sen danar outras células do corpo.

O material deseñado pola UdeG tamén agrega partículas magnéticas aos nanopolímeros que compoñen os hidroxeles a fin de producir un campo que eleve a temperatura necesaria para destruír as células canceríxenas.

A investigación do membro do Sistema Nacional de investigadores Nivel III, consistiu no desenvolvemento de nanohidroxeles termoestables por medio da técnica de polimerización de mesturas de monómeros con diferentes características químicas e físicas, logrando unha reacción química e formar un conxunto de pequenas esferas chamadas polímeros.

Ao desenvolver estes materiais logrouse a absorción de grandes cantidades de auga sen perder a súa forma, así como a capacidade de reter a calor a unha temperatura de entre 37 a  42 graos C.

Estes materiais son empregados principalmente na área biomédica como instrumentos de diagnóstico, en membranas, recubrimentos, microcápsulas, implantes... e  tamén para rexenerar tecidos ou fracturas, utilizando como substratos para o crecemento de células

O novidoso do traballo da UdeG é que se utilicen materiais como os nanohidroxeles para atacar células ou tecidos canceríxenos sen danar partes sas do corpo.