Os fungos das laranxas
Frecuentemente laranxas e limóns son atacados por uns mofos de cor verdosa ou azulada que os deixa totalmente inservibles.
Son fungos que penetran na pel a través de feridas e que se contaxian por esporas que están no aire.
Os fungos son do xénero Penicillium, chamados así porque as súas esporas aparecen en ramiños que recordan un pincel.
As dúas especies de Penicillium que atacan xeralmente os cítricos son o Penicillium italicum, máis pequenos e forman colonias de mofos de cor azul; e o Penicillium digitatum, de cor verde oliva a colonia, que forma colonias máis máis grandes e de crecemento máis rápido (a temperatura ambiente, arredor de 20 ºC).
Cada ano causan nos agricultores perdas millonarias, durante o almacenamento ou o transporte dos froitos.
Os fungos Penicillium son oportunistas moi versátiles que producen variadas enzimas que atacan a unha gran cantidade de alimentos, incluso refrixerados: pan, embutidos, queixo, cereais… Algúns producen toxinas perigosas para persoas e animais. Por exemplo, o Penicillium expansun causa a pudrición branda das mazás e contén unca micotoxina chamada patulina que perdura incluso nos zumes, polo que se debe facer unha correcta selección antes de prensar as mazáns.
Outros fungos deste xénero son moi beneficiosos. O Penicillium roquefortii, utilizado na fabricación de queixos azuis, durante a súa fermentación dalle ao queixo un aroma característico (a cor é debida ás esporas). O Penicillium notatum e P. chrysogenum empréganse para producir antibióticos (penicilina).