Os dirixibles
Un dirixible é un aerostato autopropulsado con capacidade de manobra para ser gobernado coma unha aeronave. A sustentación aerostática acádase mediante depósitos cheos dun gas menos denso que o aire que o rodea. Dependen das correntes de aire para moverse horizontalmente, e o movemento vertical pode controlarse incorporando calor ao gas contido ou manobrando con lastre.
O dirixible foi o primeiro artefacto voador capaz de ser controlado nun voo longo.
Tivo moita importancia entre 1900 e 1930, aínda que foi perdéndoa ao ser superado polos aeroplanos e pola gravidade dos accidentes.
Na actualidade empréganse, sobre todo, en publicidade.
Aos dirixibles tamén se lles chama “zeppelins”, pero este nome correspóndese a unha marca comercial moi coñecida.
Os dirixibles teñen vantaxes como transporte económico, gran volume de carga, menor gravidade nos accidentes ao fallar os motores, aterran en case calquera sitio e o seu voo é silenzoso e case non contaminan. Tamén teñen desvantaxes coma o risco de sobrecarga por neve ou xeada, escasa capacidade de manobra, moita vulnerabilidade aos ventos e outras condicións meteorolóxicas desfavorables e pouca altitude de voo.
Tipos de dirixibles:
-Ríxidos: teñen unha estrutura ríxida que sostén múltiples celas ou globos de gas non presurizado, polo que non dependen da presión interna do gas para manter a forma. Deste tipo son os Zeppelin.
-Non ríxidos: utilizan presión do gas interno para reter a forma. Poden ser globos de observación, balizamento ou exploración.
-Semi-ríxidos: necesitan unha presión interna xeralmente menor, xa que inclúen estruturas baixo o globo que permiten distribuír as cargas.
-Con membrana metálica: mesturan características dos dirixibles ríxidos e dos non ríxidos, mediante o uso dunha envoltura metálica moi fina en lugar de tea plastificada. Só se construíron dous: o de Schwarz de 1897 e o ZMC-2
-Híbridos: combinan características das aeronaves (máis pesadas có ar da atmosfera) con tecnoloxías de diminución do peso. Por exemplo o híbrido helicóptero-dirixible.