Os corais

13 Xuño 2014
corais

Os corais mariños son un curiosos animais invertebrados que poden chegar a construír as maiores estruturas vivas que se coñecen, os arrecifes.

Son animais pertenecentes ao filo Cnidaria, clase Anthozoa. Son Invertebrados acuáticos co corpo brando en forma de bolsa, cunha cavidade dixestiva que ten unha única abertura rodeada de tentáculos prensís con células urticantes. Reprodúcense por ovos e por xemación e algunhas especies forman grandes colonias. Ainda que os corais poden atrapar planto e pequenos peixes coas células urticantes dos seus tentáculos, a maioria obteñen unha grande parte dos seus nutrientes das algas unicelulares fotosintéticas (Zooxantela), que viven dentro do tecido do coral.

Alguns corais teñen un esqueleto calcário duro e outros constrúen un corpo ramificado. Pero tamén os hai con esqueleto compacto e con esqueleto córneo e flexible.

En xeral viven en augas cálidas ou temperadas, pouco profundas e ben iluminadas, especialmente os que precisan das algas para nutrirse. Outros corais viven en todo o mundo en augas máis frías e algunhas especies chegan a sobrevivir a máis de 3.500 m de profundidade.

Cando os pólipos morren mantense a estrutura calcária que vai medrando e forma grandes masas (arrecifes) que poden chegar a durar millóns de anos e ocupar miles de quilómetros de lonxitude.

Os arrecifes son lugares dunha gran importancia biolóxica e moi sensibles ás agresións medioambientais, polo que a maioría están protexidos.