Os cinco erros da nosa memoria

21 Maio 2014
conco erros memoria

A nosa memoria ten uns fallos que afectan a toda a xente, incluso os que a traballan. Estes son os cinco fallos máis cotiáns.

1. COÑEZOTE?

É moi frecuente esta situación, cando de repente se achega unha persoa que comeza a falarte e ti sabes que a coñeces, pero non consegues saber de que. É unha sensación moi incómoda, e as únicas saídas son: tratar de averiguar de que a coñeces indirectamente ou quedarte cun sorriso de pailán, asentindo sen saber de que estás a falar e buscando algunha saída de emerxencia.

Este caso é un dos exemplos máis típicos de "paramnesia" cotiá (distorsións da memoria), termo que foi introducido polo médico alemán Emil Kraepelin, considerado o fundador da psiquiatría moderna. Este erro dase cando coñecemos a alguén nun lugar e que habitualmente vemos nese sitio, pero o atopamos noutro e  desconcértanos.

Sigmund Freud, pai da psicoanálise, denominaba a estes erros parapraxias, e considerábaos froitos de desexos ocultos ou de traizóns do "incnonsciente".

2. NA PUNTA DA LINGUA

Cando non nos sae unha palabra e dicimos " téñoa na punta da lingua", vennos á mente todo tipo de palabras menos a que queremos dicir: palabras que comezan igual, palabras que soan parecido, sinónimos... E, a quen non lle ten ocorrido isto con algúns nome propio? Estes erros ocorren cando estamos moi cansos. As persoas bilingües sofren estas malas pasadas da memoria con máis frecuencia que as outras. A mellor maneira de atopar a palabra correcta é distraerse, xa que seguro a palabra aparece con maior facilidade.

3. PECHEI A PORTA?

Estamos nun sitio e de repente estamos noutro, sen saber como fixeches para ir ata ese lugar e aínda que trates de recordalo, non es capaz. Este caso acontece coas actividades que realizamos case de forma automática e sen prestar atención. Podería considerarse un efecto da "sobreaprendizaxe" e é coñecido tamén como lagoa temporal. Isto ocorre na volta a casa do colexio, que só algo que non sexa habitual provoca que tomemos o "mando" do noso corpo.

Algo parecido ocorre cando non recordamos se pechamos a porta ou apagamos a luz. Como isto o facemos sen prestar atención e de forma mecánica, cando queremos recordalo cústanos moito. Un truco é tratar de recordar o que estabas pensando cando o fixeches.

4. NON TAN ORIXINAL

A veces, cremos que tivemos unha idea boísima, pero que en realidade non é nosa senón que lémola ou escoitámola. Cando alguén di unha idea, e despois escoitas esa idea noutra parte relacionas a persoa que o dixera coa idea, da unha sensación de familiaridade. Pero no caso en que ti dis unha idea (que non é túa, pero pensas que si) esa sensación de familiaridade non aparece, polo que experimentámola como orixinal e propia. Este fenómeno chámase recordo oculto ou "criptomnesia". Varios artistas acusados de plaxio defendéronse dicindo que sufriran esta situación.

5. ESTO XA O VIVÍN

Todos tivemos a sensación de vivir de novo unha situación. Esta sensación é denominada “Dèjá vu”. Unha explicación bastante axeitada é que a sensación de "dèjá vu" prodúcese por algún fallo momentáneo na concentración que produce que percibamos de forma débil o que nos rodea. Esta teoría explicaría por que soe aparecer esta sensación en momentos de estrés.