Os cans, os nosos mellores amigos
Todos os que temos un can sabemos o traballo que da coidalo, a responsabilidade que supón, pero tamén o agradable que resulta o seu afecto incondicional.
O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro cun olfato e aído moi desenvolvidos. Ten un promedio de vida de 12 anos, nas razas máis grandes, ata 20, nas máis pequenas. A xestación dura de 56 a 72 días e o promedio de crías vai de 2-4 nas razas máis pequenas, ata máis de 12 nas grandes.
Desde que se domesticaron os primeiros cans, hai máis de 9.000 anos, as persoas obtiveron deles todo tipo de beneficios: compaña, calor, coidado dos rabaños, axuda na caza, garda e defensa… E desde sempre, a selección dos caracteres que máis se axeitaban a cada utilidade fixo que fosen aparecendo diferentes razas, desde os pequenos chihuahuas, ata os enormes mastíns ou lobeiros irlandeses. Na actualidade coñécense arredor de 800 razas. Estímase que no mundo hai máis de 400 millóns de cans.