Os cans distinguen sentimentos

2 Marzo 2015
can-sentimentos

Por primeira vez, un experimento afirma que os cans distinguen as expresións emocionais dos rostros humanos, en concreto, as caras de alegría e enfado.

Desde hai tempo xa se podía sospeitar que os cans tiñan sentimentos, sexa por alguna das súas accións ou por calquera xesto que nos fixese sospeitar. A revista Current Biology sacou un traballo no que informa de que isto é verdade, que os cans si distinguen sentimentos. Sendo así os primeiros animais dos que se pode afirmar que distinguen as expresións das caras humanas. Isto é sorprendente, xa que nin chimpancés, nin orangutáns nin gorilas demostraron ser capaces de distinguir as expresións faciais, tendo moito máis en común cos humanos ca os cans.

Para chegar a estas conclusións, os investigadores fixeron un experimento con cans de diferentes razas. Na fase previa, mostráronlle 15 pares de imaxes dunha mesma persona representadas solo polas metades dunha cara, nas que se vían os ollos ou a boca en expresión de enfado ou alegría, e para os cans «unicamente una emoción foi un estímulo de recompensa»

No experimento, os cans tocaban a pantalla táctil na parte do rostro na cal obterían unha recompensa.

No test, someteron aos cans a catro probas diferentes: incluiuse a mesma metade das caras ca dos entrenamentos, pero contando con novos rostros; outras partes das mesmas caras que se usaron para os entrenamentos; otras partes da cara, pero en personas distintas, e as metades esquerdas dos rostros dos entrenamentos. Os resultados definitivos demostran que os cans non so poden aprender a identificar as expresións faciais, senón que tamén son capaces de trasladar o que aprenderon nos entrenamentos a novas situacións e caras, “incluso sen ver ese rostro nunca antes”, declaran os investigadores, que engaden que os cans saben que esas dúas expresións teñen diferentes significados; é dicir, que asocian un rostro sorrinte a un significado positivo e un rostro enfadado a un negativo.