Os calendarios
A palabra calendario ven do latín calenda. Úsase para medir o tempo de forma organizada.
As "calendas" eran os primeiros días de cada mes e o calendario o rexistro das calendas para un ano. Antigamente estaban basados nos ciclos da lúa. Na actualidade hai uns cuarenta calendarios, a maior parte básanse no período de traslación da terra arredor do sol (un ano, que se divide en doce meses) e cada catro anos engádese un día (ano bisesto).
CALENDARIOS ANTIGOS
-Calendario exipcio. Aparece a comezos o3000 a.C. é o primeiro calendario solar
coñecido na historia.
-Calendario maia (1000 a.C.). Tiña dous ciclos. O ciclo longo coincidía co ano solar (365 días). Cada 52 anos producíase a coíncidencia dos dous ciclos e iniciaban un ciclo novo, de forma semellante ao que significa para nós un cambio de século.
Ademais facían unha “Conta longa” que duraba 5.125 anos na que rexistraban sucesos importantes. Ao final de cada conta longa prodúcese a destrución e a rexeración da Terra. O remate da conta longa actual coincide co 21 de decembro de 2012, no que se producirán violentos terremotos, erupcións volcánicas e furacáns.
-Calendario romano. Tiña dez meses. O ano comezaba o 1 de marzo e duraba 304 días. No700 a.C. engadíronselle dous meses e duraba 355 días. No45 a.c. Xulio César encargoulle a Sosíxenes a reforma do calendario quedando con 365 días e seis horas, cun erro de só 11 minutos e nove segundos. No ano 1582 o papa Gregorio XIII encarga a reforma do calendario axustándoo a como é na actualidade.
ALGÚNS CALENDARIOS ACTUAIS:
-Calendario gregoriano, tamén chamado calendario cristiá: toma o nacemento de Cristo como referencia para numerar os anos. Actualmente estamos no 2011.
-Calendario chinés: toma como referencia o nacemento do primeiro emperador da dinastía Chin, Huang Di, o dez de marzo do ano2697 a.c. do calendario gregoriano.
O próximo ano (4709) comeza o 3 de febreiro de 2011.
-Calendario xudeu ou hebreo: toma como referencia o ano da creación do mundo, que estiman, sumando todas as xeracions da Biblia, no ano3761 a.C. do calendario gregoriano. O ano novo (5772) comeza este ano o 28 de setembro.
-Calendario musulmán: toma como referencia a Héxira, momento da fuga de Mahoma desde A Meca a Medina, o 20 de setembro do ano 622 do calendario cristiá. O ano novo (1433) comeza o 26 de novembro de 2012.