A orixe das mandíbulas
A evolución das mandíbulas nos animáis vertebrados durou millóns de anos. Ao longo deste proceso, unha serie de arcos óseos arredor da cabeza das especies máis primitivas foron adaptándose ata formar esta estructura.
O descubrimento do peixe Metaspriggina, de 505 millóns de anos, revelou que xa dende esa posuía estos arcos distribúidos ao longo da cabeza, protexendo as súas branquias, o que foi un gran avance, xa que non se descubriran en ósos de peixes tan primitivos e soamente se podía teorizar, pero non demostrar.
Esto é unha peza clave para completar a evolución dos vertebrados, e que pode considerarse o punto de partida que deu orixe á mandíbula dos peixes e posteriormente dos dinosaurios, mamíferos e demáis especies vertebrados que foron poboando a Terra, incluíndo o ser humano. A aparición da mandíbula, logo da aparición das vértebras, é un fenómeno máis importante que transforma ao corpo.
Na actualidade, os únicos animales que viven sin mandíbulas son as lampreas e mixines, que se alimentan grazas a unha boca redondeada que succiona a comida. Todos os demáis vertebrados son descendentes dos primeiros organismos que tiveron mandíbulas. Grazas a elas, puideron pasar a unha vida activa e empezaron a cazar.
Ata antes desa excavación onde desenterraron 44 fósiles destos peixes, só se contaba con dous exemplares, pero estaban incompletos e parecía unha misión casi imposible estudar as súas características físicas. Con esta manifestación púidose determinar que este peixe pertencía á familia dos cordados, e que a súa espiña dorsal se distribuía ao longo do seu corpo.
O Metaspriggina viviu na etapa cámbrica, e tiña un corpo alongado que medía uns 60 milímetros de longo e uns 13 milímetros de ancho. Ademáis, contaba cun par de fosas nasais, un posible cráneo, dúas grandes concas oculares que lle permitían permanecer atento ao que sucedía ao seu arredor. Na análise da área branquial e da musculatura suxírese que era un nadador eficaz.