Onde está Adela?
Como xa sabemos todos no IES Asorey, a profesora de Ciencias Adela Leiro xubilouse o pasado venres 30 de xuño. Fontes dignas de todo crédito infórmannos de que inmediatamente despois emprendeu unha viaxe a un destino que nos é descoñecido.
Pero ata nós chegaron unha serie de informacións e imaxes que nos encheron de inquedanza e preocupación, algunhas sitúan a Adela nas fauces dun crocodilo, o que nos fai predicir un final incerto e fatal. Non son mellores os marmurios que falan dunha viaxe ás Illas Bermudas, onde din que Adela deuse un baño e foi engulida por un remuíño, de ser así é probable que chegue a coñecer que pasou con tantos barcos desaparecidos no Triángulo das Bermudas, a cuestión está en saber se voltará para contalo.
Outras informacións sitúana en lugares exóticos, pero sempre en situacións comprometidas, a punto de converterse no prato principal do xantar de diversas bestas, feras e monstros. Tamén hai testemuñas que a asocian ao monstro do Lago Ness, ou co Yehti no Himalaia, se ben neste caso non precisan se foi secuestrada o por propia vontade.
De ser certas estas informacións máis lle valera non terse xubilado e seguir coa tranquila vida dunha profesora do IES Asorey, non falta de perigos, pero que non traian tanto desasosego aos seus fieis compañeiros e aos seus entregados e adorables alumnos.
Esperemos que os finais aos que apuntan estas informacións non se confirmen, e que pronto a teñamos de volta con nós. De todos os xeitos: Malo sera!!!.