O xenoma do tiburón elefante revela a orixe da calcificación dos osos

25 Xaneiro 2014
tiburón elefante

Os peixes cartilaxinosos diverxeron dos vertebrados óseos hai uns 450 millóns de anos. Un recente estudo secuenciou o xenoma do tiburón elefante (Callorhinchus milii) e identificou un grupo de xenes implicados na calcificación dos osos.

O traballo, utilizou a xenómica comparada para estudar a evolución do sistema esquelético e o proceso de calcificación dos osos. Analizouse por primeira vez o xenoma dun tiburón e comparouse co de vertebrados que, coma os humanos, teñen osos calcificados.

Os científicos atoparon así un grupo de xenes común a todos os vertebrados que, non obtante, estaban ausentes no tiburón, polo que pensaron que debían ser os responsables da calcificación dos osos.

Para confirmar a súa hipótese levaron a cabo un experimento con peixes cebra, unha especie con osos moi calcificados e moi utilizada en laboratorios.

Borráronse os xenes que non estaban presentes no tiburón e creouse un peixe cebra prácticamente sen osos calcificados. É a proba final de que estos xenes son os responsables da calcificación dos osos.

Estes descubrimentos axudarán a comprender enfermidades coma a osteoporose e desenvolver estratexias terapéuticas máis eficaces.