O xemelgo da Terra
Na constelación de Cygnus, a 430 de anos luz da Terra e fóra do noso Sistema Solar, descubriuse un pequeno planeta cunha masa e unha densidade algo superior ó noso pero de composición de ferro e rocha moi similar, que orbita ó redor dunha estrela moi semellante ó Sol.
Bautizouse como Kepler-78b e segundo os astrónomos, é o planeta extrasolar máis parecido á Terra dos máis de mil atopados ata agora.
Sen embargo, non se pode dicir que sexa completamente idéntico á Terra xa que tamén existen notables diferenzas. Por exemplo, tarda apenas oito horas e media en dar unha volta completa arredor da súa estrela, en lugar dos 365 días que tarda a Terra en dar a volta ó Sol, ademais, pola proximidade coa súa estrela, os científicos están convencidos de que non pode acoller ningún tipo de vida, pois creen que se trata dun planeta extremadamente cálido no que poderían rexistrarse temperaturas de entre 3.000 e 5.000ºC, o que descartaría a presenza de auga.
Segundo os astrónomos, o radio de Kepler 78b é 1,16 veces o da Terra e a súa masa é 1,86 veces a masa terrestre, polo que estiman a súa densidade en 5,57 gramos por centímetro cúbico.
Coas tecnoloxías existentes na actualidade non se descarta o descubrimento doutro planeta aínda máis parecido á Terra nun futuro non tan afastado. Chegaremos nalgún momento a ter “veciños” no universo?