O volcán Wolf entra en erupción

17 Xuño 2015
volcán Wolf

O volcán Wolf da Illa Isabela, nas Galápagos, iniciou na madrugada do 25 de maio un proceso eruptivo con fluxos de lava, tras 33 anos de inactividade, sen poñer en perigo ningún asentamento poboado, segundo informou o Ministerio de Ambiente ecuatoriano.
A Dirección do Parque Nacional Galápagos (DPNG) deu a coñecer que guías a bordo dun cruceiro captaron fotografías do fenómeno, tras o cal se dispuxo un sobrevoo para determinar pormenores da erupción e as áreas que poderían ser afectadas.
Segundo un boletín do ministerio de Ambiente, nos arredores deste volcán está asentada a única poboación de iguanas rosadas do mundo, que comparten o hábitat con iguanas amarelas e as tartarugas xigantes Chelonoidis becky, que se espera non sexan afectadas".

iguana rosada

Iguana rosada


Aseguran que polo momento a erupción "non" presenta un risco para as operacións turísticas.
Na mesma illa Isabela, o 20 de abril reportouse un incremento de actividade do volcán Serra Negra polo aumento do caudal das súas fumarolas. Nesta illa aséntase Puerto Villamil con 2.200 poboadores, que se atopa a 115 quilómetros do volcán.
O volcán Wolf ten unha altura de 1.700 metros sobre o mar. A súa caldeira é de 5,5 a 6,5 quilómetros de diámetro e ten rexistrada a súa primeira erupción en 1797.
As illas Galápagos son de orixe volcánica e a súa emerxencia do mar deu paso á formación de 16 illas maiores nas que xurdiron poboacións de tartarugas xigantes, iguanas, lobos de mar, albatros, e piqueiros patas azuis. As illas Galápagos foron declaradas patrimonio natural da humanidade pola Unesco.