O tigre de Sumatra
17 Maio 2014
Unha subespecie de tigre que só se atopa na illa de Sumatra (Indonesia) e da que quedan moi poucos exemplares.
É o tigre de menor tamaño dos que aínda sobreviven. Os machos poden acadar 2,30 m da cabeza á cola e pesan uns 120 kg. As femias son máis pequenas. As raias son máis finas e na cabeza teñen unha barba ou melena moi desenvolvida. Teñen unha membrana entre os dedos das patas que os converte en moi bos nadadores.
As especies en estado salvaxe (400 a 500) viven nos Parques Nacionais da illa e están en grave risco de extinción debido á caza furtiva e á destrución dos seus hábitats.