O Teide

6 Xaneiro 2016
Teide

Con 3.718 metros sobre o nivel do mar e 7.500 sobre o fondo do océano o Teide é o volcán máis elevado do Atlántico e a máxima altura de España.Situado no centro da illa de Tenerife, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2007. Considerado como un monte sagrado polos guanches, poboadores orixinais das Illas Canarias, era o centro da mitoloxía desta cultura.

Orixinouse, xunto co resto das Canarias, dentro dunha serie de episodios volcánicos hai uns 10 millóns de anos. Na actualidade mantén unha actividade moi atenuada e as últimas erupcións importantes datan duns 150.000 anos atrás, pero iso non significa que sexa un volcán apagado, senón que podería entrar en erupción en calquera momento, polo que é obxecto de seguemento en todo momento.

Na seguinte presentación destácanse os aspectos máis importantes deste volcán.