O taller "Lumiere"
O taller Lumiere é un grupo que leva funcionando no noso centro desde hai moito tempo e que colabora na nosa revista de xeito habitual facendo videos, orientándonos, axudándonos a facer traballos... Moita da historia do noso centro foi rexistrada polas súas cámaras.
Fixémoslle unha entrevista a varios dos seus membros.
Canto tempo levades traballando nisto?
17 anos, desde o curso 1994/95.
Como decidíchedes formar o grupo?
A raíz dunha excursión ao Cabo Vilán, na Costa da Morte. Grabáronse imaxes e aproveitamos para facer o noso primeiro documental “A enerxía eólica”.
Cantos formades o equipo?
Somos tres fixos: Suso Barco, Santiago Rey e Fernando Tomé. Pero sempre colaboraron moitos profesores: Aurora Souto, Alberto Nogueira, Javier García-Gesto...
Que actividades facedes?
Grábanse actividades do centro, fanse videos narrativos e documentais. Tamén damos cursos de video ao profesorado e alumnado.
Que premios recibíchedes?
O máis recente “Premio Descubre o Salnés” organizado pola Mancomunidade do Salnés. Varios premios no Ateneo de Pontevedra e no Centro de Recursos de Lugo.
Cal foi o traballo que máis vos gustou?
É dificil dicir un só. “A entrega” foi o primeiro video narrativo que fixemos. Outros tamén “O nome” e o documental sobre Asorey.
Cal foi o video máis dificil?
“Diferencias irreconciliables” porque se grabou en moitos sitios e con moitos actores.
Eo máis facil?
“Citas paralelas” porque os actores eran moi bos e grabouse todo nunha tarde.
Cal foi o video máis divertido?
“Telexornal”, fixemos tres.
Cal é o mellor actor ou actriz que tivechedes?
Todos foron moi bos, tanto os alumnos como os profesores.
Cales son os peores momentos?
Cando fallan os ordenadores, en xeral os problemas técnicos. Nin os rapaces, nin os profesores nin as cámaras fallan.
Algunha anécdota?
Unha vez unha muller confundiunos con topógrafos e pensou que lle íamos quitar as terras.
Hai anos fixemos unha escea na que todos os alumnos e alumnas dos instituto permanecían tumbados no chan.
Nunha escea, para facer que unha actriz parecese que estaba comendo terra démoslle cola-cao e moita xente creu que era terra de verdade.
Pensades algunha vez en deixar de facer videos?
Non, é moi divertido.
Máis información sobre o Taller Lumiere en: