O rego da Armenteira

Coñecendo o Salnés
8 Decembro 2010
r-armenteira-1

O Rego da Armenteira nace na aba oeste do monte Castrove e discorre por terreos do concello de Meis e Ribadumia ata xuntarse co Umia. Recibe varios afluentes que baixan de San Martiño.

Unha ruta acondicionada permite facer un percorrido de seis quilómetros, desde a rotonda de Ribadumia ata o mosteiro da Armenteira. É un camiño que nos ofrece posiblidades moi variadas. Podemos ver a estrutura e o funcionamento dos muíños, distintas tipoloxías de pontes, pontellas e lavadoiros, e rematala cunha visita guiada ao mosteiro da Armenteira, unha xoia do románico galego. Podemos gozar da auga en todas as súas manifestacións: barbullante nas moitas fervenzas que atopamos na parte alta do percorrido, ou remansada nas numerosas pozas e presas. Pero, sobre todo, podemos gozar da impresionante biodiversidade: árbores, plantas de bosque e de ribeira, fentos, brións, fungos, paxaros, anfibios, insectos, moluscos.. que imos atopando a cada paso.

 

 

 

r Armenteira-mapa

 

r Armenteira-