O problema agochado tras o Ébola
Nas últimas semanas un tema acaparou a maioría dos telexornais e portadas das revistas alertando dunha noticia que alporizou a miles de persoas de todo o mundo: O primeiro contaxio da historia de ébola en Europa.
Pero, realmente estamos informados sobre todas as dimensións que abarca o virus do ébola?
O virus do Ébolaé o patóxeno causante da enfermidade do Ébola; unha enfermidade infecciosa moi grave que afecta tanto a seres humanos como outras especies de mamíferos.
Este nome provén do río Ébola (na República Democrática do Congo), onde foi identificado por primeira vez en 1976.
O ébola é unha enfermidade cuxos síntomas comezan entre os dous días e as tres semanas despois de contraer o virus, con febre, dor de garganta, dores musculares, e dor de cabeza ós que seguen náuseas, vómitos, e diarrea, xunto con fallo hepático e renal. Nos casos avanzados comezan las hemorraxias internas que adoitan causar a morte.
O virus pode contraerse por contacto con sangue ou fluídos corporais de animais infectados e, unha vez que un ser humano se infecta, a enfermidade tamén pode contaxiarse entre persoas.
Na actualidade non se dispón dun tratamento específico; o único que se pode facer para tratar pacientes infectados consiste en administrarlles sales de rehidratación oral ou fluídos intravenosos. Non existe ningunha vacina para esta enfermidade na actualidade, aínda que se están desenvolvendo diversas liñas de investigación debido á alta mortalidade da mesma.
A primeira infección de Ébola detectouse por primeira vez en Sudán e, en xeral, adoitan aparecer brotes en rexións tropicais subsaharianas.
Pero quizais o máis alarmante non sexa a enfermidade en si, senón a falta de implicación dos países máis desenvoltos en aqueles problemas que non lles afectan.
Entre 1976, cando se detectou o virus por primeira vez, e o 2013, infectáronse polo menos 1000 personas cada ano, pero ata o 2014, cando o ébola chegou ata un país do primeiro mundo, estes non se implicaron realmente na busca dun remedio que podería salvar as vidas de miles de persoas contaxiadas.
Así que, antes de cegarnos coa noticia da chegada do virus a Europa, quizais deberiamos deternos a pensar na nosa falta de implicación cando se trata de problemas que non nos afectan directamente.