O porto de Vigo innova en sostibilidade
O pasado 10 de febreiro, Vigo presentou un sistema de subministración de enerxía limpa que evita a contaminación dos buques atracados.
O sistema recibe o nome de Green Port Energy Center (GPEC) e consiste nun contedor móbil que fai un suministro de enerxía eléctrica e térmica, isto débese a que os buques atracados teñen que manter os motores en funcionamento en todo momento para que funcionen os diferentes servizos do barco, o que impide que cesen as emisións de gases, e deste modo os buques poderán apagar os motores.
Este sistema xa se daba nalgúns portos de América do norte, pero estes eran fixos, polo que este é un sistema pioneiro no mundo. A pricipal vantaxe dun un sistema móbil ante outro fixo é que se evita a costosa construción dunha infraestrutura fixa e que o mesmo contedor serve para abastecer varios portos, neste caso dende Bouzas ata Guixar.
Este sistema permitiría que coa frota de buques que atracan anualmente no porto de Vigo se reducise a contaminación de CO2 arredor de 289,9 toneladas.
Pero todo isto ten un coste, e este proxecto custou 1,8 millóns de euros, dos cales 900.000€ son unha axuda financiera do programa FEDER Interconecta. Estes foron os gastos que se realizaron coa construción dun contedor, e preténdese construír polo menos un máis este ano.
Neste proxecto participan o Campus do Mar da Universidade de Vigo, o Instituto de Matemática Industrial Aplicada, Autoridade Portuaria e empresas como Inova, Vicus, Mecanasa e Keyplan, e liderado pola empresa Internaco.
Este é un gran avance e axuda ó Porto de Vigo, xunto con outras iniciativas, a sumarse á rede de portos verde.