O "nylon" cumple anos
Nun mes de Febreiro, pero de 1938, púxose á venda o primeiro produto feito con Nylon, un cepillo de dentes coas cerdas deste material.
O nylon foi a primeira febra producida a partires dun polímero sintético. Pertence ao grupo das poliamidas e a súa produción a nivel experimental comezou nese ano aínda que os primeiros estudos datan de 1899. Pero o produto máis revolucionario foron as medias, que sairon ao mercado en 1940 tendo un éxito comercial inmediato. Chegaron a Europa en 1945.
É un material cunha serie de propiedades que o fan moi interesante: elasticidade, tenacidade, resistencia á abrasión e ao calor, baixa absorción da humidade…
Pode presentarse en forma ríxida e febra. A ríxida atopou campos de aplicación nos sectores da maquinaria (para transmisión de movemento como rodas, parafusos, ferramentas, utensilios de cociña…) e as febras, dada a capacidade para formar fíos, na industria textil e en cordelería. Tamén se usa en mediciña e farmacia para obxectos moldeados e esterilizables, en embalaxe de alimentos onde o seu valor increméntase porque engade a posibilidade de ferver a bolsa co alimento dentro...
Actualmente conta no mercado con fortes competidores como as resinas acetálicas que son máis resistentes ou materiais como o poliestireno ou polietileno, que teñen un prezo moito máis baixo.