O novo inimigo do efecto invernadoiro

15 Febreiro 2014
catalizador

Investigadores da Universidade Jaume I de Castellón desenvolveron un catalizador para conseguir activar enlaces carbono-flúor.

Un catalizador é unha substancia que participa nun proceso denominado catálise, no cal o catalizador non sofre modificacións durante a reacción. Esta característica do catalizador diferénciao dos reactivos.

A catálise é un proceso co que se aumenta a velocidade dunha reacción química, e que se utiliza na síntese de moitos produtos químicos industriais importantes. A orixe mecánica deste proceso é moi complexa, ó igual que as súas funcións, pero principalmente poden afectar favorablemente á reacción, ou polo contrario, crear unha ruptura nos reactivos que os converte en formas reactivas. Porén, no que se refire á cinética, as reaccións nas que se produce a catálise teñen un comportamento idéntico ás reaccións químicas habituais. Aínda que a reacción non consume o catalizador, este pode resultar inhibido, desactivado ou destruído por procesos secundarios que se den na reacción.

A natureza mecánica do catalizador é moi complexa, e a natureza química do mesmo resulta moi complexa de estudar debido á súa diversidade, aínda que se adoita estudar mediante xeralizacións. Os catalizadores de maior uso son os ácidos próticos, que se utilizan maioritariamente en reaccións que involucran auga, como a hidrólise e a súa inversa. Moitos procesos catalíticos requiren metais do grupo do platino en reaccións que involucran osíxeno.

catalizador1

No ámbito da clasificación atopamos principalmente dous tipos de catalizadores en función de se existe un catalizador na mesma fase que o substrato: homoxéneos e heteroxéneos.

Os catalizadores heteroxéneos son aqueles que actúan nunha fase diferente ós reactivos, e os catalizadores heteroxéneos adoitan ser sólidos que actúan sobre substratos nunha mestura de reacción líquida ou gasosa, mentres que os catalizadores homoxéneos están disoltos nun disolvente cos substratos.

Unha das aplicacións industriais deste mellorado catalizador é a posibilidade de usarse para reducir os gases do efecto invernadoiro, os cales aumentaron co auxe dos 80, cando aínda non se sabía que estes gases destruían a capa de ozono durante a súa descomposición en capas altas da atmósfera.

Moitos grupos químicos, tras estudar o novo catalizador determinaron que é o catalizador máis activo que existe ata o momento para a rotura de enlaces de carbono flúor, os cales son os máis fortes e, polo tanto, difíciles de romper.

A importancia dos resultados obtidos neste traballo fixeron que se publicase en Nature Communications, onde recibiu máis de un millar de visitas en menos dun mes.