O Nadal dos avós

Como vivían os meus avós a época do Nadal?
3 Xaneiro 2011
boneca

Entevistei aos meus avós para coñecer como se celebraban as festas de Nadal no seu tempo, Miña avoa ten 63 anos e meu avó 70.

Os meus avós contáronme que na súa época, no Nadal, comían coliflor ou bacallao e os que tiñan animais matábanos para estas datas.

Nos Reis a algunhas nenas regalábanlle un carriño de madeira para levar as bonecas, que eran de cartón e cando as lavaban desfacíanse. Aos nenos unha pelota pequeniña de trapo ou unha carretiña de madeira.

Cando non era así e chovía dicíanlle que os Reis non puideran chegar porque os pais non podían economicamente.

A min paréceme que cambiaron bastante as cousas. Agora bótannos moitas máis regalos e son de maior calidade. Antes cunha caixa de cartón xa se divertían e agora temos moitos xoguetes.