O mellor video do Universo
Realizado polo Museo Americano de Historia Natural. Todo o que hai neste video está realizado con fotos astronómicas.
É un video que se basa nas imáxenes reais, tomadas por científicos a través de observacións astronómicas. O video explica o universo coñecido en imáxes.
Saímos da terra cara a fóra. O video vainos informando da distancia á que nos atopamos da Terra medida en anos luz (ano luz: é a distancia que percorre a luz nun ano, equivale 9,4608 1012 Km).
A distancia máis grande percorrida por unha onda xerada na Terra a setenta anos luz. Cada satélite, lúa, planetas, estrelas e galaxias están representadas na escala natural (real). As medidas das súas posicións baseanse nos mellores datos obtidos cientificamente.
Comeza no Himalaia e afastámonos da Terra vendo todo o Tibet, logo o planeta Terra, ata ver as traxectorias dos satélites artificiáis e máis a órbita da Lúa (1 segundo luz).
O sistema solar ten un tamaño dun día luz.
As constelacións do zodíaco e a estrela máis achegada ao sol que se chama Alfa Ceuntauri, que está a catro anos luz.
As primeiras emisións de radio, enviadas pola humanidade, percorreron ata hoxe setenta anos luz.
Continúa coa galaxia da Vía Láctea, galaxias veciñas e grupo local de galaxias.
Percorremos un millón de anos luz. Os qüasars son os obxectos máis afastados que podemos ver.
Para rematar o video aparece unha imaxe dos residuos do BIG BANG, que deu orixe ao universo coñecido.
Se queres ver o video clica no link.