"O mar en Cambados". Estudo da fauna do Serrido.

22 Marzo 2014
fauna Serrido

Como remate da primeira fase do Programa de Excelencia Educativa do noso centro, presentamos o cuarto vídeo, onde se recolle o traballo que fixemos para recolectar exemplares de flora e fauna do banco marisqueiro do Serrido.

No vídeo, pode apreciarse como o material recollido na saída de campo vai sendo etiquetado para despois, no laboratorio, realizar as labores de identificación, conservación e catalogación. Así, coa axuda das lupas binoculares e as guías de identificación, fomos recoñecendo e etiquetando as especies. Ademais, utilizamos unha lupa dixital que nos permitiu fotografar os exemplares identificados e así elaborar un completo catálogo de especies mariñas.

Recoméndovos o seguinte  vídeo para que poidades apreciar o noso traballo.