O loureiro
15 Febreiro 2014
O loureiro é unha árbore de orixe mediterránea moi estendidad por toda Galicia.
Plántase para facer sebes e para empregar as súas follas como condimento, uso medicinal (para a dixestión, a fatiga), para afumar embutidos, como antiparasitario...
O loureiro é unha árbore simbólica desde a antigüidade e arredor del hai moitas crenzas e tradicións:
-O loureiro é o símbolo da victoria e do trunfo e úsase para honrar ás persoas destacadas (coroas).
-Cando se remata de levantar unha casa ponse un ramo de loureiro no tellado.
-Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas adegas) colócase un ramo de loureiro na porta para anuncialo.
-O loureiro úsase para os esconxuros, e para preservar das treboadas.
O loureiro from iesasorey