O lado máis humano da ciencia: matemáticas, física, tecnoloxía

23 Marzo 2013
matemáticas

Ademais dos avances e descubrimentos matemáticos, os gregos teñen o gran mérito de seren os creadores da linguaxe matemática e os iniciadores da tradición de poñer nomes gregos de cousas da vida cotiá ao complexos conceptos matemáticos.

-Hipotenusa: ποτείνουσα, participio do verbo ποτείνω, significa “(a liña) que estira e suxeita firmemente algo”. A imaxe suxire unha barra que suxeita e mantén os catetos abertos para que formen o ángulo recto.

-Cateto: κάθετος do verbo καθίημι: “caer perpendicularmente”. Ten a mesma raíz que καθετήρ, “catéter”, aparato quirúrxico  usado polos gregos para baleirar a vexiga.

-Terminación en –edro: Os corpos xeométricos noméanse polos números gregos e a terminación “–edro” do grego ἕδρα: “asento, acción de sentarse”, e tamén “onde nos sentamos” é dicir... “o cu”!

-Triángulo isóscele: do grego ἴσος : “igual” e σκέλης: “perna”. O isóscele é o triángulo que ten as “pernas iguais”.

-Análise: del verbo ἀναλύω: “soltar, liberar, desatar, desfacer”. Unha análise é desfacer algo complexo en anacos máis pequenos.

-Xeometría: de γῆ, “terra” e “μέτρον”, medida: medición das cousas que están na terra.

-Aritmética: de ἀριθμός, “número”.

matemáticas1

-Logaritmo: de λόγος, “razón, relación” e ἀριθμός, “número”. É o “número relativo”, indicando o expoñente necesario para producir certo número.

-Paradoxo: da preposición παρά “ao carón de, sen ter contacto”  e de δόξα “crenza, opinión”. Un paradoxo é o que está máis alá do crible.

-Teorema: do verbo θεωρέω: “contemplar”. Ten a mesma raíz que “teatro”, θεάτρον (“espectáculo, contemplación”). Un θεώρημα (teorema) é un obxecto de contemplación ou especulación.

-Φ: nome do número de ouro. Pola inicial do nome do escultor Fidias (Φειδίας).

-π: signo da relación entre a circunferencia e o diámetro. Pola primeira letra da palabra grega περίμετρον (medida ao redor)

matemáticas2