O lado máis humano da ciencia: a aguia

1 Marzo 2013
aguia

A AGUIA E ZEUS

Na mitoloxía grega e romana a aguia era un dos símbolos de Zeus/Xúpiter. Unha ave maxestuosa que representaba a liberdade, os guerreiros, o triunfo etc.

A aguia era unha metamorfose habitual de Zeus para as súas aventuras

aguia-Zeus

amorosas, coma no mito do “Rapto de Ganímedes”, quen foi secuestrado por Zeus no monte Ida. El pasaba alí o seu tempo de exilio, coidando as ovellas. Zeus viuno e quedou prendado da súa beleza, entón transformado en aguia raptouno e levouno ao monte Olimpo para que servise a bebida aos deuses nos banquetes divinos.

A AGUIA E PROMETEO

O Titán Prometeo tamén está ligado a mitos coa aguia.

Conta a mitoloxía que Prometeo era un Titán ao que lle gustaba provocar a ira de Zeus. Zeus mandou encadealo  nun gran monte onde cada xoranda unha aguia lle comería o fígado.

aguia-Prometeo
aguia-escudos

Esquerda: aguia romana. Dereita: escudo norteamericano

A AGUIA, SÍMBOLO DE PODER

A aguia é un simbolo imperial de poder pola súa vinculación cos deuses (Zeus). En Exipto significaba eterna vida, na India e América simboliza a revelación, e nos Celtas o renacemento e a renovación. É tanto o seu significado de poder que tamén se usou nas bandeiras dos países con poder totalitario, en ideoloxías fascistas e no nacismo.