O home español é cada vez máis alto

7 Abril 2015
alturas

Realizouse un estudo sobre a altura do home en España, no que se revela que a altura media que teñen os españois é de 173,1 cm, que é 1,3 cm máis ca nos anos noventa, que era de 171,8 cm.

O 60% dos homes españois teñen problemas para atopar talla de roupa, mentres cas mulleres non teñen ningún tipo de problema.

A estatura media dos mozos, entre 18 e 34 anos, é de 175,3 cm e nos maiores de 55 anos é de 167,4 cm o que dá unha media de 173,1 cm.

O estudo que foi realizado polo Instituto de Biomecánica de Valencia. Utilizou un total de 1.583 homes de idades comprendidas entre os 12 e os 70 anos, en distintas rexións de España. Para levar a cabo as medicións, o IBV, (Instituto de Biomecánica de Valencia), empregou tecnoloxía de escaneado láser que permite recoller a morfoloxía 3D do corpo.

persoas

As cifras de peso reflicten que a maioría dos españois está en medidas de altura convencionais, segundo a clasificación da Organización Mundial da Saúde (OMS), baseada no índice de masa corporal (IMC). Os datos confirman que o 46,7% dos participantes teñen un peso normal, o 37,5% ten sobrepeso e o 4% é delgado.