O Hat-p-11, unha alternativa para o futuro

5 Outubro 2014
Hat-p-11

Un grupo internacional de científicos, liderado por Jonathan Fraine e Drake Deming detectaron vapor de auga na atmosfera dun planeta que orbita nunha estrela diferente ao Sol, chamado HAT-P-11.

Este exoplaneta está situado a 124 anos luz de distancia con respecto á Terra, tendo catro veces o seu tamaño. Está na Constelación de Cygnus, a 600ºC, e encóntrase preto da súa estrela, máis pequena e menos luminosa ca o Sol (cun radio do 68% e unha luminosidade do 26%).

Para atopar este tipo de planetas recórrese aos métodos indirectos, detectando a presenza do planeta polos cambios que experimenta a súa estrela cando este pasa por diante dela. Canto máis grande é un planeta máis visible é esa especie de eclipse que se produce, e polo tanto, máis fácil resulta detectar a súa presenza. A cantidade de radiación da estrela que é absorbida pola atmosfera do planeta, tamén nos achega os elementos químicos que hai nesa atmosfera, debido a que os seus compoñentes deixan unha especie de rastro que serve aos científicos para identificalos.

Hat-p-11

Neste caso do HAT-P-11, puideron apreciar claras marcas que delatan a presenza de moléculas de vapor de auga, así como de hidróxeno e trazas de átomos pesados.  “As nosas ideas sobre a formación de planetas desenvolvéronse para coincidir co noso sistema solar – explica Deming- e non sabemos se outros sistemas planetarios se comportan da mesma maneira”.

Este achado podería mostrarnos novas interpretacións da formación e evolución de exoplanetas. Ademais, a auga é un elemento fundamental para a existencia, aínda que é pouco probable que este planeta acolla algún tipo de vida como a que se coñece na Terra.