O goxi, unha planta de moda
Recentemente estase a estender o consumo das baga de goxi, un arbusto orixinario dos vales da cordilleira do Himalaia e moi empregado na medicina tradicional chinesa.
Os primeiros vestixios sobre a historia deste froito atópanse na mitoloxía China, na divinidade Shennong o emperador Yan; que é considerado o primeiro emperador chinés no ano 2800 a. C.
O seu nome significa “o Diviño Granxeiro”, e representa o pai da agricultura e da medicina tradicional china, polo seu traballo a través do estudo das prantas e as súas propiedades. Foi Shennong dos primeiros en descubrir e utilizar o froito de Goxi, e en aplicar e difundir as súas propiedades medicinais.
A maioría das bagas de Goxi que se atopan no mercado proceden de China, concretamente da rexión de Ningxia, donde se cultiva dende hai máis de 600 anos.
O Goji ten a capacidade de reducir o tempo que o ollo necesita para adaptarse a escuridade. Polo seu contido en antioxidantes, protéxenos da exposición dos raios ultravioletas e preveñen o dano causado polos procesos oxidativos como cataratas ou dexeneración macular, asociados á idade. Xunto coa vitamina A estimulan ademáis a agudeza visual. O licopeno, un potente antioxidante, ten un papel importantísimo en protexer o sistema cardiovascular dos procesos oxidativos provocados polos radicais libres. Ademais as bagas de Goxi conteñen un esterol vexetal, o beta-sitosterol, que axuda a baixar os niveis de colesterol e a kukoamina, substancia hipotensora, indicada para as persoas con presión arterial alta.