O futuro está no híbrido
Deixando de lado os automóviles cotiás, imos a pasar a falar dalgo que fai anos era totalmente futurista, os coches híbridos. Un coche híbrido é un vehículo que emprega dous ou máis motores de diferente tecnoloxía para obter a enerxía. Polo xeral soen ser, un motor de combustión convencional que utiliza carburante, e por outra parte, un motor eléctrico que recibe a electricidade dunhas baterías. Un dos dous utilízase como fonte principal, e o outro como apoio. Estes sitemas son utilizados en distintos tipos de vehículos, como: automóviles, camións, bicicletas, barcos, avións e trens. Dende os últimos años da década de 1990, os coches híbridos comezaron a gañar popularidade como alternativa aos coches con motores de carburante ao conseguirse unha potencia adecuada coa vantaxa dun menor consumo de carburante, diminuindo o gasto e unha menor emisión de gases contaminantes á atmósfera.
A forma máis básica do funcionamiento dun coche híbrido é o uso dun motor que emprega carburante e, que á vez, obtén enerxía dunha reserva de baterías cargadas con electricidade. Polo xeneral os coches híbridos poden cambiar dunha a outra fonte de enerxía cando é necesario. Por exemplo, é habitual que cando a demanda enerxética é baixa, se utilicen so as baterías eléctricas e que o consumo de carburante entre en xogo cando a demanda sea maior, como en momentos de aceleración. Para os conductores non acostumados pode ser desconcertante oír como o motor de gasolina se apaga, o ruido é moito menor cando se usa so o motor eléctrico.
Seguridade vial para os ciclistas
Un informe de 2009 da Administración Nacional de Seguridade Vial comparou os accidentes que involucraron peatóns e ciclistas, entre coches híbridos e vehículos con motor de combustión interna. Os resultados mostraron que os coches híbridos son moito máis perigosos por carretera, en situación de a pé ou en bicicleta. Un dos maiores inconvintes é que o seu sonido é casi inaudible.
Cuestións ambientais
Os vehículos híbridos normalmente conseguen unha maior economía de combustible e menos emisións cos convencionais de combustión interna. As emisións destes son cada vez máis baixas que o nivel recomenadado pola EPA (Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos).
Aínda que consumen menos combustible cos coches convencionais, existe un problema en relación co daño ambiental da batería do coche híbrido. Hoxe en día hai dous tipos de baterías: 1)batería hidruro metálico de níquel, e 2)batería de ion de litio. Son máis ecolóxicas cas baterías de plomo e ácido, pero os niveis de toxicidad e de impacto ambiental do hidrudo metálico de níquel son moito máis baixas cas baterías de plomo.