O frío paraliza Norteamérica

Conxélanse as cataratas do Niágara
30 Xaneiro 2014
Niágara-2014

A peor vaga de frío en décadas estendeuse polos Estados Unidos e parte do Canadá a comezos deste ano, facendo baixar, nalgunhas cidades do centro a -30o as temperaturas.

Debido ao vento a sensación térmica chegou a -50 ºC. Isto débeuse a unha masa de aire frío e moi densa que rotaba en sentido contrario ás agullas do reloxo. Esta gran tormenta invernal , á que chamaban ``Hércules ´´, cesou o pasado mércores , 8 de xaneiro , amanecendo despexado na maior parte dos trinta e dous estados afectados . Pero o que está moi claro é que a tormenta provocou grandes gastos e perdas (máis de 5.000 millóns de dólares) e a morte de vinteunha persoas . Algunhas delas , morreron mentres pelexaban coa neve, e as outras , eran indixentes que non chegaron a un lugar o suficientemente cálido. Provocou a cancelación de un montón de voós e a suspensión das clases en todo o país , por primeira vez en dezasete anos.

Ata as tuberías dalgunhas vivendas chegaron a estoupar pola conxelación da auga acumulada . En Nova York , concretamente en Central Park , foron estas as temperaturas máis baixas en 118 anos .

Convén dicir que esta vaga de frío case conxela as cataratas do Niágara , facendo así que o seu fluxo de auga se detivera parcialmente. 

ola de frío Norteamérica-2014