O frío non nos abandona

31 Maio 2014
primavera

Ultimamente podemos comprobar que os días de calor, ademais de ser moi escasos,  veñen acompañados de días de moito frío  que incluso en ocasións chegan a conxelar os cables da electricidade.  Isto ven ocorrendo dende hai uns anos, a partir de mediados de febreiro.

O frío e, en xeral, a temperatura do aire, depende da radiación solar e da posición que se ocupe. Por exemplo: en setembro en Moscú fai moito frío, mentres que nas costas do Mediterráneo español aínda se conservan as temperaturas do verán.

A temperatura, ademais, depende da dirección desde a que chega o aire, son as denominadas correntes de aire. Estas están constituídas por grandes masas de aire en movemento, teñen un papel importante respecto ó clima. 

O planeta Terra ten temperaturas extremas e contrapostas: nos polos, moi fríos, e no ecuador, moi quente.  Estas temperaturas fan mover o aire da máis fría ó da máis quente, pero a rotación da Terra provoca que o aire non chegue ao sitio que debería chegar,  facendo que remate noutros sitios.  En Sevilla e Córdoba en verán as noites soen ser frescas a excepción de cando chega aire africano, que fai aumentar a temperatura.  A España tamén ten chegado aire do Polo Norte moi frío, por esa razón en ocasións, pasamos dun dia cunha temperatura normal/media, a un día con temperaturas moi baixas ou viceversa.