O eucalipto

2 Decembro 2014
eucaliptos

Os eucaliptos son árbores perennes, de porte recto que poden chegar a medir máis de 60 m de altura.

É unha árbore orixinaria de Australia e atópase formando bosques de plantación en toda a parte baixa de Galicia.

A madeira de eucalipto é unha das de mellor rendemento e calidade para fabricar pasta de papel. Tamén se emprega en construción (armazóns, pisos), bateas, móbeis...

É usado na produción papeleira polo seu rápido crecemento. Úsase tamén para medicina como un axente de cura, bronceado e astrinxente. Do eucalipto obtéñense tamén aceites, esencias, tintas e gomas. As follas empréganse en infusión contra os catarros e bronquites e para elaborar esencias e licores.