O efecto Coriolis

3 Outubro 2011
remuíño

O 19 de setembro cumplíronse cento sesenta e oito anos da morte de Gaspard-Gustave de Coriolis, un enxeñeiro e matemático francés que estudou a dinámica do xiro das máquinas.

En 1835 explicou matematicamente o efecto que rematou por levar o seu nome (efecto Coriolis). Descríbea como un compoñente suplementario á forza centrífuga experimentada por un corpo en movemento relativo a un referencial en rotación.

Que é o efecto Coriolis?

Un obxecto, ao desprazarse sobre calquera sistema que rota, sofre unha aceleración adicional producida por unha forza perpendicular ao movemento. O resultado que provoca esta forza-aceleración sobre o obxecto é unha desviación do seu percorrido que dá lugar a unha traxectoria curva. En realidade non é unha forza real senón unha forza inercial ou ficticia que se aprecia cando se observa desde fora do sistema que está rotando.

efecto Coriolis

Os principais efectos aprécianse cando se estuda o movemento de masas de aire ou de auga seguindo os meridianos terrestres. Os ventos ou correntes oceánicas desvíanse acelerando na dirección de xiro (leste) se van cara aos Polos, e ao contrario (oeste) se van cara ao Ecuador. Esto serve para seguir e predecir os desprazamentos das borrascas e os anticiclóns e das correntes mariñas.

Unha aclaración, non inflúe para nada nos remuíños que se forman cando a auga cae por un burato ou unha tuberia, porque estes funcionan a unha escala moi pequena. É unha falsa crenza a de que a auga xira en distinto sentido no hemisferio norte e no sur. Nos fixemos un experimento. De 58 desaugadoiros observados, 25 xiran cara á esquerda e 33 cara á dereita. Fai a proba na túa casa.

A causa do sentido de xiro pode depender de moitos factores: a forma interna da tubería, o xeito de entrar a auga nela...

Achegamos un video onse se ve o efecto sobre unha tuberia lisa e grande nunha presa de California, onde se supón que o efecto Coriolis debería ser máis forte.

http://youtu.be/-K_8R03jIZI