O dinosaurio máis grande atopado
Un grupo de científicos e investigadores procedentes do Museo Paleontolóxico Egidio Feruglio atopou en Arxentina restos de osos dunha especie de dinosaurio de hai aproximadamente 95 millóns de anos. Ata a data é o máis grande descuberto, e probablemente non existiu ningún de maior tamaño.
Os fósiles atopados causaron furor entre as noticias non só polo exuberante tamaño destes, se non que tamén pola súa boa conservación.
Estes seres viviron a finais da era Mesozoica. Trátase de dinosaurios saurópodos, caracterizados por desprazarse apoiando catro patas, con pescozo e cola moi longos e un cráneo de curtas dimensións tendo en conta o tamaño da súa constitución.
Segundo os investigadores, os restos pertencen a un grupo particular de dinosaurio saurópodo, denominado titanosaurios, que inclúe animais extremadamente grandes.
"É un verdadeiro tesouro paleontolóxico", confesa José Luis Carballido, especialista en dinosaurios.
Atopar estes fósiles foi pura casualidade, hai un ano, cando un peón rural decatouse da presenza duns restos nunha estancia ao oeste de Trelew. Tras varios meses de traballo, os investigadores conseguiron recuperar o exemplar en moi bo estado. O descubrimento sacou das profundidades da terra a máis de 200 fósiles. Os atopados son parte do pescozo e do dorso, case todas as vértebras da cola e máis membros anteriores e posteriores, entre outros osos. Ademais, como curiosidade, entre os restos había máis de 60 dentes de dinosaurios carnívoros de gran tamaño.
Isto demostra que as investigacións e a ciencia continúan sorprendendo cada día máis e máis.