O desxeo
O desxeo é a fusión das neves e dos glaciares como consecuencia do aumento da temperatura na primavera.
Co desxeo libéranse enormes volumes de auga conxelada durante o inverno. Medra así o caudal dos ríos, que eventualmente ata pode provocar inundacións, sobre todo se vai acompañado de chuvia na conca hidrográfica do río.
O xeo dos Polos derrétese con máis rapidez do que se pensaba ata o de agora. De seguir así os científicos pensan que en cen anos o xeo podería desaparecer por completo do Ártico. As consecuencias serían fatais. O xeo funde a máis velocidade e a auga conxélase de forma tardía.
A temperatura ambiental promedio subiu nos último cen anos varios graos no Ártico o que bastou para fundir unha superficie de xeo de case un millón de quilómetros cadrados (equivalente a Francia e España), unha cuarta parte do xeo do Artico.
A causas que están a provocar o desxeo dos Polos parten da actividade humana. O emprego abusivo dos combustibles fósiles (especialmente no transporte e nas actividades industriais) e a deforestación producen un aumento dos gases do efeto invernadeiro e un quecemento global do planeta.
Parece que xa é tarde para combatir o desxeo e que teremos que apandar coas consecuencias, aínda que, se todos e todas colaboramos, gobernos, empresas e individuos, algo se pode frear.