O cometa Ison
O tan ansiado obxecto de estudo de moitos científicos nos últimos días parece ser que se desintegrou.
Non hai rastros do cometa ISON despois de que este cruzara a coroa solar nas primeiras observacións da Axencia Espacial estadounidense.
Na comunidade centífica todo o mundo estaba atento a este acontecemento, xa que o cometa se achegaría tanto ó Sol que estaría exposto a uns 5.000 graos de temperatura. Había unha gran división de opinións respecto a este tema, xa que uns afirmaban que o cometa sobreviviría ás extremas condicións ás que se vería sometido e, en cambio, outros sostiñan que se desintegraría ó aproximarse tanto ó Sol, como indican as primeiras observaciones feitas para tratar de localizar o cometa.
Despois de que os telescopios da NASA seguiran o percorrido do cometa ata o Sol, no houbo probas de que saíse polo outro lado, aínda que se seguirá observando, debido a que algúns científicos conservan esperanzas de que poida aparecer, aínda que cando este cometa estaba no seu punto máis achegado ó Sol, a cabeza do cometa desvaneceuse e a cola (que tiña unha lonxitude de miles de km) difuminouse, polo que o máis seguro é que rompese.
Aínda que o cometa se desintegrase, ofreceu unha oportunidade moi raramente vista. Puidose observar a uns dos obxectos máis antigos do sistema solar interactuando co campo magnético solar. Aínda que outros cometas interactuaron anteriormente con este campo magenético, o cometa ISON é o primeiro en pasar tan preto do Sol pudendo ser grabado.
Este tipo de acontecementos axudan ó estudo dos campos magnéticos.