O cocoteiro
17 Xaneiro 2014
O cocoteiro é unha planta característica do clima tropical, orixinaria das illas do Pacífico que se cultiva, especialmente, polo seu froito, o coco.
Hai un gran número de variedades e toda a planta ten moitas aplicacións:
FROITOS: febra, leite, aceites, copra, medicina, repostería, cosmética...
O que se emprega como alimento é a semente, moi aromática e de sabor intenso e agradable.
Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos. É moi rica en sales minerais (magnesio, fósforo, calcio), potasio e febra. Dela obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabón.
TALOS E FOLLAS: construción, combustible, cepillos...
O principal produtor de coco do Mundo é Filipinas.
O cocoteiro from iesasorey