O cerebro ten sexo

28 Outubro 2014
cerebro-sexo

Se ben non é ninguna novidade que os homes e as mulleres a miúdo pensan distinto, os últimos avances das neurociencias revolucionaron este campo de estudo. Anteriormente, críase que a estrutura básica do cerebro e as súas funcións principais eran as mesmas para ambos sexos. Sen embargo, estudos científicos recentes demostraron que este órgano posúe unha estrutura diferente en homes e mulleres.
Esta diferenza radica en que o cerebro masculino e o feminino fórmanse a partir de distintos programas xenéticos, o que provoca unha gran cantidade de variacións anatómicas. Estas novas investigacións axudarían a explicar algúns misterios aínda non resoltos, como por exemplo saber o por que de que os homes e as mulleres desenvolven distintos trastornos. Ademais, o sexo inflúe en como se utilizan algunhas rexións cerebrais, o que explicaría por que o dolor crónico afecta máis a elas ca eles.

Por unha banda temos o cerebro feminino, que é máis equilibrado, tamén gasta máis enerxía na zona do xiro cingulado, isto quere dicir que temos unha maior fluidez e desenvolvemento verbal á hora de expresarnos. Outra característica do cerebro feminino é que o lóbulo frontal (encargado das funcións de toma de decisións e solución de probemas) é proporcionalmente máis grande nas mulleres. Finalmente o cerebro das mulleres traballa con máis eficacia.

Por outra banda, o cerebro masculino ten un maior tamaño en xeral, por iso ten un maior número de conexións neuronais e isto conleva a que procesen a información de maneira diferente. Xeralmente, non pensan tanto as cousas, e incluso resisten máis a dor. Isto ten unha explicación sinxela xa que é pola liberación da hormona que coñecemos como endorfina. Isto tamén conleva a que a hora de contar un problema, fano de maneira sintética e reducida mentres cas mulleres gústalles expresarse e que as entendan.