O ceo de Tenerife

A dous pasos do inferno
6 Septembro 2012
Timelapse

Presentamos aquí un video espectacular realizado coa técnica “timelapse” con motivo da celebración dun curso sobre esta técnica fotográfica realizado por Luciano Rodríguez e Luis Caldevilla no Observatorio do Teide do Instituto Astrofísico de Canarias.

Un “timelapse” é unha técnica fotográfica que consiste en reproducir unha serie de imaxes fixas a unha velocidade maior á que foron tomadas o que crea unha ilusión de tempo acelerado. Para que o noso ollo perciba unha sensación de movemento natural nun monitor ou pantalla de tv débense amosar as imaxes a un ritmo de 25 por segundo. Cunha cámara de video convencional as imaxes grábanse ao mesmo ritmo. Coa técnica “timelapse” varíase a velocidade, condénsase un tempo longo en poucos segundos ou minutos.

Esta técnica é moi empregada nos documentais de ciencias para amosar sucesos de longa duración: o crecemento das plantas, a floración ou maduración dos froitos, o paso dunha tormenta, o movementoo dos astros no ceo...

Existen varios métodos para a realización de videos con esta técnica:

-Grabar unha secuencia cunha cámara de vídeo e posteriormente acelerar a película.

-Captar imaxes a determinados intervalos de tempo e unilas nun programa de edición.

A dos pasos del infierno (Tenerife timelapse)