O cancro de pel
Agora que chega o verán, é frecuente ver polas rúas xente con queimaduras de sol. Estas queimaduras duran sobre uns tres días na pel ata que escaman. A simple vista, pode paracer algo leve, pero o certo é que isto trae graves problemas a longo e curto prazo.
As queimaduras por exposición ao sol poden levar consigo o desenvolvemento do cancro de pel (sobre todo en persoas co cabelo vermello e con moitos lunares ou pecas). A solución a isto? Moi fácil, a prevención. Estes cancros pódense curar se se diagnostican con tempo suficiente, xa que pola contra, pode resultar nun caso terminal.
A prevención contra as queimaduras solares na pel é moi sinxela: crema ou protector solar. Moita xente pensa que para poñerse moreno/as non se pode botar ningunha loción antiqueimaduras, e isto non ten nada de certo. O único que fan as cremas do sol é protexer as capas da pel para que os raios ultravioletas non penetren nesta. É convinte utilizar sempre unha alta protección, tanto en nenos coma en adultos.
As queimaduras do sol non son un xogo, e aínda que pareza algo que co tempo desaparece, o certo é que non, que unha simple queimadura na túa vida pode acabar nun cancro de pel.