O cancro de mama e o colesterol alto

15 Febreiro 2014
cancro mama

Científicos da Universidade de Duke (EE UU) levaron a cabo un estudo sobre a influencia do colesterol no risco de contraer cáncer de mama.

O traballo, realizado con ratos, explica que un subproduto do colesterol impulsa o crecemento e a propagación dos tipos máis comúns de cancro de mama. Tamén atoparon que os medicamentos do colesterol, parecen diminuír o efecto desta molécula. Este proxecto suxire que os cambios na dieta ou as terapias farmacolóxicas para reducir o colesterol resultan unha maneira sinxela e accesible para reducir o risco de contraer cancro de mama.

Donald McDonell, director do departamento de farmacoloxía e Bioloxía do Cáncer en Duke é o autor principal do estudio. Explica que o seu equipo atopou unha molécula (un metabolito abundante no colesterol) denominada 27HC, que imita ao estróxeno e pode accionar de forma independente o crecemento de cancro de mama. A hormona estróxeno alimenta ao redor dun 75% de todos os cancros de mama.

Isto acurta drasticamente en animais o tempo para sufrir cancro, e o máis interesante foi que a redución do colesterol foi suficiente para reducir o risco de padecer cancro de mama.

Observouse que a actividade deste metabolito do colesterol foi inhibida cando os animais foron tratados con antiestróxenos, ou cando se interrompeu a administración de suplementos de 27HC. Tras probalo en ratos, os estudos foron confirmados en tecido de cancro de mama humano. Neles atopouse unha relación directa entre a agresividade do tumor e a abundancia da encima que produce a molécula 27HC. Os pasos que os científicos seguirán inclúen estudos clínicos para verificar os resultados potenciais, así como máis investigación para determinar se o 27HC desenvolve un papel noutros tipo de cancro.