O Canón do Sil
5 Septembro 2011
É unha das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega onde se pode gozar de viaxes en barco, paseos polas beiras, vistas espectaculares, arte e etnografía.
O Canón está situado preto da unión entre o río Sil, e o río Miño, nunha zona coñecida como Ribeira Sacra pola gran cantidade de igrexas e mosteiros que hai nas súas beiras. Formouse a partir de fallas tectónicas sobre as que o río excavou o seu val.
Durante séculos as mans dos agricultores da zona foron modelando as súas ladeiras con socalcos para cultivar as vides.
Canon do sil from iesasorey