O cadoiro do Toxa

4 Xullo 2011
Cadoiro Toxa

O cadoiro do Toxa é o salto de auga máis coñecido de Galicia e un dos máis altos. Ten varios saltos, e o de máis altura mide 60 m. No contoro consérvase un bosque de ribeira dunha gran diversidade.

Está situado no concello de Silleda, no lugar de Pazos, no río Toxa, un afluente do Deza que á súa vez vai ao Ulla.

Unha ruta permite percorrer a pé unha parte do río Toxa, desde a fervenza ata a confluencia co Deza. E logo pode continuarse ata o mosteiro de Carboeiro, cun percorrido total de oito quilómetros.